Documental, 61 minutos, galego.
Luis Tosar
Nuria Gullón
Muriel Sánchez
Dirección:
Víctor Coyote
Guión:
Víctor Coyote (basado en el libro ‘O Siñor Afranio’ de Antón
Alonso Ríos)
Produtores:
Diego Méndez y Michaela Sinde
Música
orixinal:
Pablo Novoa, Pancho Álvarez
Director
de fotografía:
Juan Morgade Montaxe:
Marcos Losada
Son:
Pablo Ramos
Produtora:
Alén Filmes
Alonso Ríos, mestre e escritor, foi un dos políticos máis destacados do galeguismo durante a Segunda República, e no exilio encabezou, xunto a Castelao, o Consello de Galiza. Tralo estoupido da Guerra Civil, conseguiu fuxir do fascismo facéndose pasar por un mendigo portugués chamado ‘Siñor Afranio’. Luis Tosar métese na pel do ‘Siñor Afranio’, nun documental que mistura a reconstrución histórica coas testemuñas daqueles que coñeceron a Alonso Ríos. A película está baseada na obra autobiográfica ‘Siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte’.