No país da liberdade, a Igualdade e a fraternidade, nesta nova Europa sen fronteiras, asediada polo medo e a intolerancia, un inmigrante polaco terase que enfrontar á realidade do racismo.

"Dúas Opcións" es unha curtametraxe escrita, rodada e totalmente post-producida en 5 días, durante un laboratorio internacional de curtametraxistas en Francia.


Intencións do director:
“Construímos esta curtametraxe a través dunha serie de restricións impostas tanto polo contexto da produción do proxecto (5 días para o proceso completo de creación) como dos propios límites auto impostos polo realizador: economía de planos, cámara fixa, dúas personaxes, dúass localizacións. 

Partimos dun tratamento formal, con planos do interior da furgoneta, coa mesma personaxe como eixo de todas as escenas, utilizando o interior do vehículo para crear un marco dentro dotro marco; un encadre que oprime a Polka, a personaxe principal, convertido nun refén máis da situación. 

DOS OPCIONES trata sobre o racismo, a inmigración e a crise de refuxiados.
Quixemos contar esta historia desde un ángulo distinto, facendo da desinformación por parte do espectador un dos eixos principais da curtametraxe. Non saber que está acontecendo, esténdese tamén á relación de Polka co francés; a través das suas conversacións, aparentemente banais, damos forma ás personalidades de ambas personaxes, facendo fincapé na dinámica do poder que existe entre eles.
Na derradeira escena entendemos por fin a situación, e nese momento preséntase un novo conflito… Un conflito co que Polka non contaba e onde descubre, demasiado tarde, que el tampouco ten escapatoria”. 

O director: 
Vigo. 1983. Estudiou Comunicación Audiovisual en Salamanca e aos 25 anos emigrou a Nueva York onde estudiou realización e dirección de fotografía. Durante os seguintes 9 anos viviu e traballou como realizador, guionista, fotógrafo, analista de guión, montador e director de fotografía en Estados Unidos, Reino Unido, Polonia e Francia. A súa primeira curtametraxe, "October" rodado en Polonia e en fala rusa, ademais de ser seleccionado en diversos festivais en toda Europa, foi proxectado polo Instituto Cervantes dentro do seu programa itinerante "El Nuevo Talento del Cortometraje Español" nas cidades de Berlín, Moscú, Bruselas, Tetuán e Rabat. Neste ano, ademais de dúas curtametraxes en distribución internacional, está inmerso na preproducción de dúas novas de ficción e traballando no guión da súa primeira longametraxe. https://goncaride.com