Lurna é unha moza africana que soña cunha vida mellor. Un día emprenderá unha viaxe coa ilusión e a esperanza de atopar un soño. O que Lurna non sabe é que pronto desexará voltar.

A rodaxe de Lurna realizouse case na súa totalidade en Pontevedra, agás unha noite que se desprazou a Caldas de Reis. Contou coa participación do concello de Pontevedra, así como a colaboración da Asociación Senegalesa Dioco, onde moitos dos seus integrantes participaron na curta, da a Asociación Intercultural PLURAL.es de Caldas de Reis e diversas empresas do sector Privado.

Protagonizada pola actriz senegalesa, afincada en Madrid. Diaryatou Daff, conta unha historia que reflicte a invisibilidade da inmigración. Diaryatou, foi descuberta polo director Alejandro González Iñárritu, entre máis de 3000 candidatas africanas para a película, nominada a dous oscar, Biutiful, onde compartiu cartel co actor Javier Barden. Tamén participou na curtametraxe “Aquel no era yo” de Esteban Crespo ganadora do Goya á mellor curtametraxe de ficción no 2012 e candidata ao Oscar.


Sobre Nani Matos.
Actor, guionista e director. A súa actividade artística comeza desde moi novo, sendo aos 19 anos o primeiro director da Banda da Agrupación Musical do Rosal (Pontevedra). 

Estuda teatro e outras disciplinas na escola de Teatro Municipal de Gondomar. Seguiría posteriormente formándose nese eido no Obradoiro de Teatro “Antonio Fernández” de Goián, e en numerosos cursos e talleres de formación actoral. Colabora en diferentes representacións de teatro músico-infantil . É autor e actor da peza teatral O Sindo (1999). 

Cursou estudos de interpretación, guión, e dirección con profesionais como Leo Bassi, Ana vallés, Jose Luis Raimond, Andrés Lima, Cándido Pazó, Jaime Chávarri, Xosé Cermeño, Assumpta Serna, Enrique Urbizu, Fernando León de Aranoa, Iñaki Moreno, Luis Gimeno, Amado Cruz, Maria Ripoll, Conchi Iglesias, Carlos Sedes…. 

No campo audiovisual participa en numerosas series coma Padre Casares, Matalobos, Chapa e Pintura, Urxencia O, Pazo de Familia, Serramoura, Fariña, Vivir sin Permiso, O sabor das margaridas, El desorden que dejas.... Colabora en webseries, videoclips e distintas curtametraxes protagonizando entre outras, Reflexos de Carlos E. Rodríguez, Cisma de de German Iglesias, Cafeína de Sara Calvete, ou Voces Ocultas de Andrea Varela. 

Da o salto ao guión e a dirección audiovisual no 2009 con Dies dei. Despois viría Flores para Amalia (2013) e Lurna (2016) coas que acadou, entre estas, máis de 200 seleccións en festivais nacionais e internacionais, e perto de 50 premios. 

Sobre a curta: 
Lurna, a súa última curtametraxe é, sen dúbida, o seu traballo máis internacional xa que percorreu 27 países e foi seleccionada en máis de 130 festivais nacionais e internacionais nos que acadou 30 premios e 3 Mencións Especiais. Entre eles, obtivo o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe e Premio do Público no Festival SOS Racismo de Madrid. Estivo en países como Colombia, Bolivia, Chile, Venezuela, Mexico, EE.UU., Serbia, Italia, Inglaterra, Turquia, Romania, Rusia, Francia, India, Nepal… No Festival Internacional Corto Dorico en Ancona (Italia), foi a única cinta española que participaba polo Premio Amnistía Internacional Italia, chegando á final tan só 7 curtametraxe.
En 2017, na cidade de Taormina (Sicilia), a asociación Italiana No Name concédelle a Nani Matos o Premio Cinemigrare 2017 polo se traballo en Lurna como contribución en dar visibilidade á emigración. 

Premios Lurna:
▪ Premio Mellor Curtametraxe sección Dereitos Humanos. Plato Film Festival. 2018 
▪ Premio Mellor Interpretación. Lecce Film Festival. Italia. 2017 
▪ 2º Premio Festival de Curtametraxes Contra a Violencia de Xénero Deputación de Jaén. 2017 
▪ Premio á Mellor Curtametraxe. Focus Internacional Film Festival. Anoka. Minnesota, EE.UU. 2017
▪ Premio á Mellor Actriz. Focus Internacional Film Festival. Anoka. Minnesota, EE.UU. 2017 
▪ Premio á Mellor Actriz Secundaria. Focus Internacional Film Festival. Anoka. Minnesota, EE.UU. 2017 
▪ Premio CineMigrare 2017. CineMigrare – Rassegna Internazionale dice Cine Senza Frontiera. Taormina, Sicilia. Setembro 2017. 
▪ Premio á Mellor Curtametraxe. Camaiore Fil Festival. Camaiore, Italia. Setembro 2017 
▪ Premio á Mellor Dirección. Camaiore Fil Festival. Camaiore, Italia. Setembro 2017 
▪ Premio á Mellor Montaxe. Camaiore Fil Festival. Camaiore, Italia. Setembro 2017 
▪ Premio do Público. Festival Internacional de Cine de Fuengirola. Setembro 2017 
▪ Premio á Mellor Curtametraxe de Inmigración. RiuRau Film Festival. Denia, Alicante. Setembro 2017 
▪ Premio á Mellor Interpretación. RiuRau Film Festival. Denia, Alicante. Setembro 2017 
▪ Premio á Mellor Montaxe. RiuRau Film Festival. Denia, Alicante. Setembro 2017 
▪ Mención Honorífica. Farcume. Festival Internacional de Cortas-Metragens de Faro. Portugal. Agosto 2017 
▪ Premio á Mellor Dirección. Salento Finibus Terrae. Sano Severo. Italia. 2017 
▪ Premio á Mellor Actriz. Social World Film Festival. Sorrento. Italia. Julio 2017 
▪ Premio do Xurado Xove. Social World Film Festival. Sorrento. Italia. Julio 2017 
• Premio do Publico. Festival Internazionale de el Cortometraggio Corti el Puente. Italia 2017 
• Mención Especial do Xurado. Festival de Curtametraxes Pielagos en Corto. Piélagos 2017 
• Premio do Público. Curtametraxes Contra o racismo. SOS racismo Madrid. 2017 
• Premio do Xurado. Curtametraxes Contra o Racismo. SOS racismo Madrid. 2017 
• Premio á Mellor Dirección. Concurso de Cortos FESTIMATGE. Calella. 2017 
• Finalista Mellor Curtametraxe de Ficción Academia Galega do Audiovisual. 2017 
• Premio á Mellor Actriz. Farmafest. Orenbur. Rusia. 2016 
• Premio a la Mellor Actriz. Pilas en Corto. Pilas. Sevilla. 2016 
• Premio Mellor Curtametraxe “ Ancla de Oro”. Poio. 2016 
• Premio á Mellor Actriz Hendaya Film Festival. Hendaya, Francia. 2016 
• Premio Mellor Director Cortas Film Fest. Vilagarcía. 2016 
• Premio á Mellor Actriz Farm Film Festival. Italia. 2016 
• Premio á Mellor Actriz. Festival de Curtametraxes de Cans. 2016 
• Premio á Mellor Banda Sonora. Festival de Curtametraxes de Cans. 2016 
• Premio do Xurado dos Veciños. Festival de Curtametraxes de Cans. 2016 
• Mención Especial. Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Sucre. Bolivia. 2016