Curta. 3m 25s. Castelán 2021
Sergio Milán
Marco Lavrencic
Montse Peiró
Saulo Magerit
Angie Martín.
Dirección: Sergio Milán
Produción: Antonello Novellino
Guión: Sergio Milán
Dirección
artística:Daniela Bermúdez
Son: Jessie Silva
Música: Music Library & SFX
Director de
Sergio Milán, Fran Ramos, Abel Molina
Sen tempo para asumir o seu cáncer linfático, Sergio deberá superar unha surrealista misión con... Ben, mellor dicho, "sen" a axuda de súa nai.
“Durante o ano de
convivencia contra o meu cáncer linfático se algo me salvou, aparte do marabilloso
sistema sanitario público, foi a comedia”.
Así presenta Sergio Milán a
súa curtametraxe Siempre a mano.
O director de pezas como Para Sonia ou Saber
perder, presenta o seu traballo máis persoal ata a fecha.
Unha historia onde o propio director espese, dunha maneira bastante
literal, contando unha das tantas traxicómicas historias surrealistas que viviu
durante o seu periplo.
Unha curta que ademais contou no seu equipo con persoas que tamén pasaron
por esa dura experiencia e que se uniron para sacar un sorriso a aqueles que o
necesiten.
O director
Sergio Milán comeza a estudiar teatro con 14 anos. Con 18 viaxa a Madrid e
estudia guión, montaxe e dirección cinematográfica na escola de cine e televisión
SEPTIMA ARS. Continua os estudios de interpretación en diversas escolas entre as
que destacan “LA LAVANDERÍA” e a escola de interpretación “JORGE EINES”. Ten
traballado como coordinador de postproducción publicitaria en CP WORKS e como
director para diversas campañas publicitarias.
Na súa traxectoria profesional destacan o
guión e dirección de curtametraxes que se ten feitos virales como “PARA
SONIA” sobre o potencial da dobraxe como ferramenta de accesibilidade para persoas
con discapacidade visual, sendo multipremiado en diversos festivais nacionais e
internacionais.
Actualmente traballa en teatro, televisión,
cine e publicidade como actor, director e guionista.
É membro fundador de LA JARTÁ TEATRO Y
AUDIOVISUAL onde agrupa diversos proxectos en ambas disciplinas.
É ademais profesor de fundamentos de rodaxe
para actores e actrices en “ECE (Escuela de Creación Escénica-Madrid)”, impartindo
tamén seminarios sobre entorno e posibilidades de creación actoral en
audiovisual por diferentes cidades de España.
Traballa tamén como locutor de radio, comezando
seus primeiros pasos nos programas “LA BUENA DIGESTIÓN” e “NOMADAS DEL NÚCLEO”
de RADIOCIRCULO (Circulo de Bellas Artes Madrid) onde foi co-director, guionista
e presentador.