"O que queda" é unha curtametraxe documental que reflexiona sobre a memoria, o mundo dixital e os arquivos que xeramos a diario a través da galería audiovisual dun teléfono móbil.

N ota do director  
Teño constantemente a man unha cámara, no meu teléfono móbil, e creo que iso cambiou a forma na que concibo gardar recordos. Penso constantemente na miña relación coas imaxes, no que capturo, por que o fago, que significan… No sei se a imaxe ten valor por si mesma ou se só significa a través de quen a fai, pois imprime nela, de forma invisible, os pensamentos e emocións vixentes nese preciso momento.   É a través dunha foto antiga de meus pais que se dispara toda esta reflexión, que pretende afondar sobre o arquivo persoal dixital e a nosa experiencia a través desas imaxes.

Seleccións: 
Play-Doc Festival, Sección Galicia / Spain, May 2022 
Festival de Cans, Furacáns / Spain, May 2022 
Docs Barcelona, Doc-U / Spain, May 2022 
Mieres Under-60” Film Festival, Escuelas / Spain, Jun 2022 
Cinema Jove, Sección Oficial / Spain, Jun 2022
2Cool4School, Marché du Film - Festival de Cannes / France, May 2022 

Sobre o director:  
Galicia, 1995. Alejandro Rodríguez, natural de Tomiño, estuda o Grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, e posteriormente múdase a Madrid para realizar o Máster en Dirección de Cine e Series de TV na Escola de Artes TAI. Reside actualmente entre a capital e Galicia, onde compaxina os seus proxectos como director con outros traballos no departamento de dirección, e tamén coa súa labor como membro da xunta directiva de CREA, Asociación galega de profesionáis de la dirección e da realización. Dirixe a súa primeira curtametraxe en 2016, titulada “Fume”, coa que consegue os seus primeiros recoñecementos. Nos seguintes anos dirixe outras pezas máis pequenas ata que, recentemente, como traballo final del Máster, dirixe a curtametraxe de ficción “Nido” e a peza documental “O que queda”, que formou parte do 2Cool4School, un programa promovido polo ICAA, formado por 9 proxectos de escola, e que ten como finalidade a promoción destas pezas a nivel internacional,  estando o pasado mes de maio no Marché du Film do Festival de Cannes.   www.alejandrorodi.com